«O produto é excelente, con moita variedade»

Home  /  Nacional  /  «O produto é excelente, con moita variedade»

On junio 1, 2014, Posted by , In Nacional,Noticias, With No Comments

As algas de Mar de Ardora resultaron todo un descubrimento para Javier Olleros, propietario e chef do restaurante Culler de Pau, de O Grove, que conta cunha estrela Michelin. O mércores preparará no congreso de Victoria dúas receitas que incorporan este produto.

-¿Que presentará no congreso Lo mejor de la gastronomía? 

-Prepararei un menú degustación de seis ou sete pratos, que representen a esencia da nosa terra e o que é Culler de Pau.

-¿Que papel xogan as algas de Mar de Ardora? 

-Foi un luxazo atoparme con Sergio e Alberto, gústame falar cos produtores de forma directa e atopei unha xente con gran ilusión, compromiso e gañas. As algas parécenme un produto interesantísimo, que aínda necesita romper certas barreiras nos consumidores en Galicia, e que pode aportar moitas cousas a unha dieta variada e sana (…). Con Mar de Ardora hai un intercambio entre o que nós vemos na cociña e o que eles observan a pé de campo; espero traballar con eles moito tempo. Teñen un produto excelente e unha variedade grande, móvense co ánimo de aprender.

-¿En que receitas cobran protagonismo as algas? 

-Nun prato de peixe con manteiga caseira, no que tratamos de introducir o sabor do mar a través das algas, con cinco variedades [todas as que nos achegaron de Mar de Ardora teñen moito carácter] e un prato de carne de tenreira galega cunha alga que aporta un matiz a trufa e terra.

-É un produto moi versátil… 

-E un gran descoñecido. Necesítase xerar unha cultura de consumo de algas (…), hai que utilizalas e ver as súas posibilidades, aínda sendo un profesional. É un produto moi nutritivo e saudable, que ofrece sabor e placer.

Fuente: lavozdegalicia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *